miércoles, 7 de marzo de 2012

Libro

Temos sabido dun libro moi orixinal, co que os nenos se divirten un montón. Titúlase así “ Un libro” e o seu autor é un ilustrador de contos infantís Hervé Tullet. E un libro interactivo, moi sinxelo e inxenioso, cada páxina convértese nun xogo que invita a seguir adiante e cando termina apetece volver a empezar de novo.
Aquí tendes o enlace para ve-lo tráiler en YouTube e deixámolo a Clara para que tódolos nenos podan xogar con él.

4 comentarios:

  1. Pero que libro máis divertido!!! Seguro que lles vai a encantan xogar con el.
    Grazas por compartilo coa toda a clase.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo superregalo!.
    Supoño que con contarvos que vimos dúas veces o vídeo e lemos tres veces libro chega, non?
    Dá gusto que un libro cause estas reaccións.
    PD.: Mañá contarémolo outras tantas veces como faga falta.

    ResponderEliminar
  3. Sofia non parou de falar do libro máxico...o sair do cole , depois de sesta e pola noite outra vez a velo no blogg
    moitas grazas papis, moitas grazas Serxio

    ResponderEliminar