miércoles, 19 de junio de 2013

Programación para a entrega de agasallos e diplomas da IV Mostra de Arte Infantil

Hola familias de Lola, Breixo e Jorge:
 
     Adxuntámosvos o programa de actos para a celebración da IV MOSTRA DE ARTE INFANTIL que se desenvolverá o vindeiro sábado día 22 no Auditorio do Concello.


Una vez mais MOITAS FELICIDADES CAMPIÓNS!!!

lunes, 17 de junio de 2013

     Aínda que para as mestras temos 50 gañadores, o Concello seleccionou un único e fantástico cadro de  4 anos A e dúas incribles pinturas de 4 anos B. 
     Aquí deixámosvos os cadros dos nosos nenos e nenas. 

AULA DE 4 ANOS A
 AULA DE 4 ANOS B


JORGE LORENZO, BREIXO DE LA ASUNCIÓN E LOLA PÉREZ-JOFRE as mestras estamos orgullosísimas.
MOITAS MOITAS FELICIDADES OS TRES!!

Os dejo el enlace para la convocatoria de preinscripción para las escuelas municipales de  música y artes:

Novo curso 2013-2014 Escolas Municipais
 http://www.emmavigo.org/

viernes, 14 de junio de 2013

A Pirata Babi e os Buscatesoros


Un novo proxecto en Vigo para as familias e os peques verá a luz en breve.

Turismo e ocio únense para dar forma a esta aventura: Unha ruta pirata por Vigo.

"A Pirata Babi e os Buscatesoros" un percorrido pola zona vella de Vigo onde contarán a historia dos piratas en Vigo e curiosidades deste mundo tan atractivo para os nenos e nenas. Ao mesmo tempo, realizarán xogos que amenizarán a ruta. Será os sábados e os domingos pola tarde.


Tamén terán "A ruta de La Loca Pucha". Unha muller que nos conta lendas e curiosidades de Vigo.

Este é o enlace á páxina www.xibole.es que estará operativo a partir do 24 de xuño para poder apuntarse.

jueves, 13 de junio de 2013

Excursión de fin de curso

     Como aínda non tivemos tempo, para realizar unha pequena presentación de fotos, deixámosvos un adianto do que foi unha fantástica excursión.



miércoles, 5 de junio de 2013

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

     Este sábado, 8 de xuño, celébrase o día Mundial dos océanos. 
  E onte no colexio, para celebralo, tivemos unha inesperada visita sorpresa dunha investigadora do CSIC
     

     Luisa Martínez, traballadora do equipo do CSIC, deunos unha fantástica conferencia para explicarnos en que se centra o seu traballo e as características do noso ámbito mariño. 

Quen sabe, quizais teñamos aquí mais dalgún futuro ou futura científica???
PD.: Moitas grazas Luísa.

martes, 4 de junio de 2013

Teatro Centro Cultural García Barbón

Ola:
      Como xa sabedes onte fomos de excursión ao teatro!
     Kri kra kro mostrounos a viaxe de dous personaxes, un rapaz e unha rapaza, por un espazo descoñecido que se vai poboando de imaxes e sons, mostrando as imaxes como parte dun xogo, como unha posibilidade para explorar e gozar o mundo.
       Deixámosvos unha pequeniña mostra do que foi esta pequena excursión.




 


PD.: O próximo mércores, día 12 de xuño, teremos a derradeira excursión de fin de curso. Informarémosvos nos próximos días.