viernes, 14 de junio de 2013

A Pirata Babi e os Buscatesoros


Un novo proxecto en Vigo para as familias e os peques verá a luz en breve.

Turismo e ocio únense para dar forma a esta aventura: Unha ruta pirata por Vigo.

"A Pirata Babi e os Buscatesoros" un percorrido pola zona vella de Vigo onde contarán a historia dos piratas en Vigo e curiosidades deste mundo tan atractivo para os nenos e nenas. Ao mesmo tempo, realizarán xogos que amenizarán a ruta. Será os sábados e os domingos pola tarde.


Tamén terán "A ruta de La Loca Pucha". Unha muller que nos conta lendas e curiosidades de Vigo.

Este é o enlace á páxina www.xibole.es que estará operativo a partir do 24 de xuño para poder apuntarse.

1 comentario:

  1. Muchas gracias a los papis de Samuel, así los que nos quedamos por aquí tenemos más ideas de que hacer con ellos en verano.

    ResponderEliminar