martes, 23 de abril de 2013

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

OLA FAMILIAS!

      Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do libro cunha representación moi especial, cun KAMIHIBAI.
    Este teatrillo de papel é unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Está formado por un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe. O título do Kamishibai do que disfrutamos hoxe titúlase ¿POR QUÉ HAY TANTAS PIEDRAS EN EL FONDO DE LOS RÍOS? 



PD.: Moitas grazas a estas artístas tan fantásticas.

lunes, 22 de abril de 2013

150 ANOS DE CANTARES GALEGOS

     Este ano celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra de Rosalía de Castro. E para celebralo, Naia, ensinounos unha canción que imos repasar durante toda a semana para aprendela.


QUE FERMOSO E QUE BEN O FAS, NAIA!!!

jueves, 18 de abril de 2013

Portada do Atlántico diario

E OS PROTAS DA SEMANA SON....

OS NENOS E NENAS DO CEIP GARCÍA BARBON!!!! 


Portada do atlántico do xoves 18 de abril de 2013
(para que non a teña as mestras podémosvos facilitar unha fotocopia)

miércoles, 17 de abril de 2013

Excursión ao centro cultural García Barbón "Os Bolechas"


    A TVG presenta a segunda temporada da serie "Os Bolechas", na nosa cidade, cunha festa na que participaron os nenos e nenas do noso centro, do CEIP García Barbón de Vigo.


    Ademais das seguintes fotos e dos enlaces coa RTVG na páxina do facebook, dos Bolechas, tendes moitísimas mais fotos dos  nosos Parrulos.








viernes, 12 de abril de 2013

 
Rosalía na Biblioteca Xosé Neira Vilas
Con motivo do Día do Libro Infantil, a Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo, organiza actividades para os máis pequenos dedicadas a Rosalía de Castro, con motivo do 150º aniversario da edición de Cantares Gallegos. Dentro destas actividades está Ola ríos, ola fontes”, dirixida a nenos a partir de 3 anos  e que se celebrará  o 25 de abril a s 18 horas.
 









 

jueves, 11 de abril de 2013

Conexión co Loro Parque de Tenerife dende o Ceip García Barbón

Ola familias:

     Mañan, venres 12 de abril, os nosos rapaces e rapazas teran unha experiencia fantástica, xa que coñeceran en directo, a través da web cam, os responsables do delfinario do Loro Parque de Tenerife. Poderán falar con eles, ver unha actuación en directo dos delfíns...


 Pd.: Seguro que lles encanta.


Excursión ao Centro Cultural García Barbón

 Apreciadas familias:

      Informámosvos de que o próximo mércores, 17 de abril, ímos de excursión á presentación da nova tempada dos Bolechas no centro cultural Novagalicia Banco.


 Pd.: Mañá venres levarán á casa a autorización.

Enlace á páxina web dos bolechas:

OS BOLECHAS

Reunión xeral

Estimadas familias:

      Xa está en marcha o derradeiro trimestre e, as mestras, queremos convocarvos a última reunión xeral do curso 2012-13. Nela trataremos a marcha do novo proxecto, as excursións, ... e poderedes ter ocasión de prantexar calquera dúbida ou consulta que teñades.
      A reunión terá lugar o martes, día 16 de abril, ás 6:00 da tarde, na aula dos vosos fillos e fillas. 
       Encantaríanos contar con todos, ata entón, un saúdo.
As mestras.

Dossiers dos traballos

Estimadas familias.

Pedímosvos que as carpetas, onde van os traballos cada trimestre, sexan devoltas baleiras tan pronto podades.

Moitas Grazas.
As mestras.

Festival de monicreques de Redondela

O mes que vén, celébrase en Redondela o festival de monicreques.
Déixovos o enlace co programa para eses días.



jueves, 4 de abril de 2013

LOS INDIOS Y SU RELACIÓN CON LOS ANIMALES DE PODER

BÚFALO - ÁGUILA - COYOTE - ALCE - CIERVO - LOBO - OSO - PERRO - CARNERO - BÚHO - ANTÍLOPE - CABALLO




INDIOS - PROSPERIDAD Y FELICIDAD
SU ENTORNO - SUS ANIMALES


INDIOS - CELEBRACIÓN DEL ARROZ SALVAJE

Arroz salvaje, arroz indio o avena de agua que no engorda ...


Se trata de una planta de tres metros de altura que los indios del norte recolectaban en el agua de los pantanos y lagos. Es una planta de gran valor nutritivo. 



DANZA INDIA