miércoles, 28 de diciembre de 2011

FELIZ ANO 2012!

Os nenos e nenas de tres anos desexámosvos

FELIZ ANO 2012!!!

Postais de Nadal!

Se algunha familia non recibiu a súa postal é importante que se poña en contacto coas mestras para corrixir posibles erros. Grazas!
.

sábado, 24 de diciembre de 2011

FELIZ ANO 2012!


       As mestras queremos agradecervos a vosa implicación tanto no proxecto, achegándonos gran cantidade de cousas (plumas, ovos, contos... ), como no blog, coas vosas entradas ou comentarios. 
      
Moitas grazas!


FELIZ ANO!

jueves, 22 de diciembre de 2011

AGENDA POR NAVIDADES


Hola soy mamá de Jocelyn de 3 añitos B y coincidiendo en que ya acabaron las clases por Navidad entro para contarles que navegando por la web encontré una muy interesante agenda navideña para nuestros mas peques, es de pitiflú los encontramos en el corte ingles y que yo sepa toda sesión es gratuita solo hay que asistir los días indicados en esta pagina http://www.pitiflu.es/agenda De momento está Papa Noel en la 5ta planta y ya lo hemos visitado a ver si mas adelante nos encontramos con algunos compis...
Muchos Besitos y Muy Felices Fiestas a las Nuestras Maestras, a los Peques y a sus Padres !!!!
A pasarla Muy lindooooo

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Isto acábase

O proxecto dos parrulos toca o seu fin. Dentro dun par de días deixaremos atrás o primeiro proxecto deste curso para iniciarnos nunha nova aventura. Grazas polas vosas achegas!




Música na aula

Durante varias semanas tivemos a sorte de contar cos nenos e nenas maiores do cole tocándonos diferentes instrumentos. Foi unha delicia poder escoitarlles, moitas grazas campións!






lunes, 5 de diciembre de 2011

Un día moi divertido

Hoxe tivemos no cole a ANDREA EA EA EA.
O espectáculo que presentounos consistíu en ir elaborando unha receita de contos e historias para que así ulan mellor, nos entren polo nariz e poidamos degustalas. Nel, convidou ao público a escoitar e deixarse levar polos contos e os obxectos visuais que se presentan.





Se queredes saber mais desta artista podedes visitar a seguinte páxina:

www.baobabteatro.com

Un novo aniversario

Os últimos en cumprir.
FELICIDADES LÍA!

viernes, 2 de diciembre de 2011

CARTAS DOS REIS MAGOS

Agora que se achega o nadal encontramos unha páxina na que se pode crear un vídeo personalizado, no cal Papa Noel ou os Reis Magos felicitan o nadal e falan cos nenos para que sexan bos.

Samuel se quedo moi sorprendido de que Papa Noel soubese o seu nome e as cousas que fai ben.

Déixovos a páxina para que poidades facer un vídeo aos nenos, que seguro que lles gustará


www.navidadessorprendentes.com





Espero que vos guste, sobre todo aos peques.


miércoles, 30 de noviembre de 2011

CULTURGAL

A partir do día 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra poderemos ver e escoitar as Malvela, Uxía Senlle, Os Crebinsky, José Luis Cuerda, Berrogüeto, Anxo Fariña, Manuel Rivas, a poetisa María Jose Queizán, Fina Casalderrey, Antón Rivas, e Fran Alonso.
Ademais haberá unha chea de actuacións para nenos dende contacontos a talleres de maquillaxe, ata a presentación do último disco navideño de MAMÁCABRA.




Se podedes asistir, vale a pena!

martes, 29 de noviembre de 2011

O outono

Os pais de Sergio Molares enviáronnos ao correo unha pequena historia de por que unhas árbores perden as suas follas non outono e outras non.
Non somos capaces de colgala no blog pero preguntarlle mañá os peques. Aproveitando que estamos no outono ímola a contar na aula.


Moitas grazas papás de Sergio polas vosas achegas.

SORPRESA DE NADAL!

Os nenos e nenas de tres anos estamos a preparar unha sorpresa para todas as familias. Non vos imos a contar de que se trata, teredes que esperar ao nadal, pero se que vos imos ensinar unhas fotos.



Deica pouco mandarémosvos unha autorización para saír do centro á caixa de correos.

A ilustración de Marc Taeger

Ola familias! Aproveitando o super agasallo da familia de Alicia, a ilustración de Marc Taeger, estamos a traballar o desenvolvemento de habilidades esenciais como a psicomotricidade, a linguaxe ou a creatividade a través de algo tan fundamental como a pintura.



Esperamos que vos guste.

martes, 22 de noviembre de 2011

Contacontos

Un saúdo a todos,

Alicia (e os seus pais) asistimos, hai un par de venres, á libraría do casco vello "Libros para Soñar" a unha sesión de contacontos na que tamén estaba o ilustrador Marc Taeger e debuxou un parrulo dentro de un ovo para os nosos parruliños.
Deixámosvos o link do calendario de actividades da libraría, que ten contacontos os venres alternos. A Alicia gústalle moito, e esperamos que os demás parruliños os disfrunten:

(os mércores é a sesión para bebés, e os venres para nenos de 3 anos o máis)

http://librosparasonhar.wordpress.com/

http://www.facebook.com/pages/LIBROS-PARA-SO%C3%91AR/103738816381387

Os pais de Alicia.

lunes, 21 de noviembre de 2011

Datas da Mochilas Viaxeiras de 3 ANOS A

SE TI LES, ELES/ELAS LEN

A Mochila Viaxeira

Este curso iniciamos unha nova actividade de fomento da lectura dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das Mochilas Viaxeiras. Esperamos que vos guste.

sábado, 19 de noviembre de 2011

Mais exemplos

Mais exemplos de entradas que podedes publicar no blog.



Pd.:Moito vai a custar superar un vídeo así... pero seguro que, para as Letras Galegas, algunha sorpresa imos ter.

(Grazas Olga por ensinarnos estos vídeos)

Animarvos a publicar

Unha mamá dun neno de catro anos introduciu esta entrada noutro blog do cole. Como nos pareceu moi interesante gustaríanos compartilo convosco. Ademais queremos animarvos, unha vez máis, a publicar vídeos, música ou un enlace que vos parezan interesantes para os nosos nenos e nenas.



Grazas

martes, 15 de noviembre de 2011

ANIVERSARIOS

Ata agora tivemos os aniversarios de BREIXO, HUGO, JORGE L, DANIELLA E ALICIA!. Cada vez que chega este día máxico celebrámolo cunha pequena festa. Nesta publicación podedes ver as fotos destes case case expeques.



E nos próximos días moitas mas fotos!

Horarios de 3 anos

Horario de 3 anos B

Horario de 3 anos A

Calendario escolar 2011-12

miércoles, 9 de noviembre de 2011

O caderno viaxeiro

Un alumno de tres anos foise Andorra na ponte da semana pasada e o seus pais fixéronlle o caderno viaxeiro que vos mostramos mais adiante.
As mestras somos conscientes de que as familias non sempre dispoñen de tempo, pero nos gusta ensinárvolo por se a alguén mais quere facelo (non fai falta sair de Galicia).
O caderno viaxeiro é moi útil porque que serve para establecer vínculos coa familia e, o máis importante, porque con el traballamos contidos do interese dos nenos "non contidos descontextualizados".
Esperamos que vos guste.

martes, 8 de noviembre de 2011

O MAGOSTO

Ola familias! Hoxe celebramos o magosto no cole. Nas fotos non saímos moi ben pero é que é moi complicado facer caso á profe cunha castaña quentiña na man. Ademais de comer tamén xogamos co tragabolas, a encestar globos...

O MAGOSTO on PhotoPeach

lunes, 7 de noviembre de 2011

Mostra Itinerante de Arte na aula 2011

      Este mércores nove de marzo inaugúrase na biblioteca do colexio a MOSTRA ITINERANTE 2011. Nela pódense ver as obras orixinais de 23 recoñecidos artistas vigueses. A mostra ten o propósito de contribuír a desenvolver a creatividade do alumnado.
      Estades convidados/ás a visitala os luns, mércores e xoves de cinco a seis da tarde.
      Os nenos e nenas de tres anos imos subir a vela para introducirnos un pouco na pintura e escultura viguesa.

domingo, 6 de noviembre de 2011

Primeiras fotos

      Aquí tedes un pequeno adianto de fotos do que estamos a facer. Moi pronto vos mostraremos máis!
      ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!