miércoles, 7 de marzo de 2012

"COAS MANS NA MASA"

Queridas familias:
Queríamos informarvos que dende a semana pasada estamos traballando cun novo proxecto:
"COAS MANS NA MASA"
Este tema ofrécenos un campo de experimentación cos cinco sentidos xa que todas as cores, sabores, olores e texturas están presentes na cociña e permítenos traballar as MATEMÁTICAS de forma PRÁCTICA E SABOROSA,  moito máis perdurable na memoria que un exercicio sobre algo non vivido.
Unha vez máis precisamos a vosa colaboración para facer un receitario. Para iso, tendes que enviarnos unha receita (1 ou 2 caras) que fagades cos vosos fillos/as. Nela precisamos que figuren os ingredientes e os pasos para a elaboración (no blog tendes algúns exemplos que xa nos chegaron)
           Tendes para presentar as receitas até o día luns 19 de marzo.
PD.:Moitas grazas aos que xa nos enviaron a receita e MOITO ANIMO aos que aínda non vos decidistes. 
ESTAMOS DESEXOSOS DE VER AS RECEITAS DE 
TRES ANOS B

No hay comentarios:

Publicar un comentario