viernes, 1 de febrero de 2013

Festa de Teatro Emerxente: Teatro á feira

Terá lugar no auditorio municipal do Concello (Praza do Rei, 1), os días 1, 2 e 3 de febreiro. A feira está organizada pola recén creada Asociación de Titulados/as en Estudos Superiores de Arte Dramática (ATESAD), en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas. O programa comezará o venres 1 coa compañía Escénate, que representará a obra "Mambo", ás 20,30h. O sábado teremos sesión continua de representacións, comezando ás 12,30h coa compañía Artefakto que estreará a obra "Laranxus 7", destinada a público familiar. Pola tarde, ás 19,00h, no vestíbulo do auditorio (con aforo limitado a 85 persoas) estrearase a obra "Igual que los tuyos" de Artmonium, e ás 19,30h outra estrea, "Julieta virtual" de Anómico Teatro. A continuación, ás 20,30h, de novo no patio de butacas, a Compañía das Marías traerá "Malena , llena eres de gracia", e ás 23,00h pechará con "Improperio" a compañía Triatreros. O domingo 3, ás 12,30h, o alumnado da Fundación Igualarte estreará a obra "Con moito conto", destinada a público familiar. A clausura, ás 19,00h, correrá por conta da compañía Triatreros, con "Hámster".


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario