lunes, 8 de octubre de 2012

Hola a todos,

O domingo 7 de outubro estivemos na actividade organizada polo Grupo de Anelamento ANDURIÑA para celebra-lo día mundial das aves 2012 en Punta Balea (Cangas). Durante esta xornada, recolléronse diversas especies para tomarlles medidas e anelalas, para despois ser ceivadas polos nenos.

Nas fotos podedes ver a Alicia cunha Curruca Capirotada, o seu pai cun Merlo, e máis un fermoso Martín Pescador azul.

Tamén deixamos para a clase o libro "O Espazo Natural de Punta Balea" co que o Grupo de Anelamento agasallou os nosos parrulos.















Un saúdo

1 comentario:

  1. ¡Que actividade máis bonita para @s nen@s!Os meus parabéns polo blog.

    ResponderEliminar