jueves, 4 de octubre de 2012

Día das Aves 2012
http://grupodeanelamentoandurinha.blogspot.com.es/

A vindeira fin de semana comeza unha nova edición deste importante evento organizado por BirdLife International a escala mundial e que en España coordina SEO/BirdLife, para dar a coñecer o apaixonante mundo das aves e os seus problemas de conservación. Este ano desenvolveranse máis de 300 actividades en toda España, unha delas a que agora che presentamos, na que participa o Grupo de Anelamento ANDURIÑA.

Por NOVENO ano consecutivo, o grupo de anelamento ANDURIÑA e máis a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) convidan ao público a participar nos actos do "Día Mundial das Aves". Repartirase entre os asistentes o libro editado polo noso grupo sobre o Espazo Natural de Punta Balea. A SEO facilitará material para repartir entre os participantes (pegatinas, posters, folletos informativos, etc.). Trátase dunha celebración moi especial que pretende festexar e difundir a rica variedade de aves que temos no noso país e en Punta Balea en particular.

Os actos serán a vindeira fin de semana: O domingo día 7 de outubro, desenvolverase o xa tradicional "Día das Aves" en Punta Balea (de 9:30 a 13:30), no tramo de costa comprendido entre a baleeira e a praia da Areamilla (cun punto de observación fixo nas inmediacións da lagoa). A elección deste lugar non é fortuíta senón que se trata do mellor lugar da Península do Morrazo (e un dos mellores da provincia) para a observación das aves, tanto polo número de especies presentes (unhas 140 ó longo do ano) como polo achegamento que permiten. Haberá varios postos de observación de aves nos que se poderán contemplar diversas aves acuáticas (na lagoa), mariñas (nas praias e mar) e terrestres (na costa). Ao igual que en anos anteriores, nenos e maiores poderán seguir con todo detalle as explicacións (teóricas e prácticas) sobre as migracións e o estudio das aves mediante o seu anelamento (marcaxe con anelas). Haberá telescopios a disposición do público, aínda que se recomenda que aqueles afeccionados que teñan prismáticos en casa veñan con eles. Esperamos acadar o éxito de edicións anteriores, nas que participaron varios centos de persoas.

Recoméndase a asistencia a primeiras horas, nas que as aves están máis activas (e sería máis doado observar un maior número de aves e especies) e, sobre todo, non deixalo para última hora do domingo, na que se produce a maior asistencia de público.

No hay comentarios:

Publicar un comentario