domingo, 23 de marzo de 2014

Excursión 

ao 

Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre 

de 

Campo Lameiro





Hola a Tod@s,

Os pais de Alicia, Xian, Saul e Jorge aproveitando o Proxecto da Prehistoria, estamos a preparar unha excursión ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro e queremos faceros partícipes a tod@s, por si vos apetece vir.

A excursión a realizaremos o día 6 de abril e o programa a seguir sería o seguinte:


  • Chegada ao parque sobre as 11:15/11:30 para a recollida das entradas e xuntanza do grupo.
  • As 12 comenzo da visita guiada, duración aproximada 1h 30 minutos.( hemos solicitado que na medida do posible,sexa unha visita didáctica para os nen@s)
  • A continuación tempo libre para xantar. O recinto conta con dúas opcións: Cafeteria/restaurante ou si preferides merendeiros.
  • Xa pola tarde  sobre as catro os nenos realizarán un obradoiro de cerámica chamado "Do Tarro ao Barro".

Obxetivos que proporciona este itinerario:

  1. Coñecemos a natureza, os animais e as plantas da paisaxe galega.
  2. Aprendemos que son os petróglifos e cando se fixeron, durante a Prehistoria
  3. Coñecemos como vivían os homes e mulleres da Idade do Bronce, establecendo relacións entre eles e nós.
  4. Aprendemos a facer cousas por nós mesmos cos materiais que atopamos na contorna.
  5. Aprendemos a comunicarnos a través de actividades plásticas que desenvolvemos nos obradoiros


Os prezos  son:

Adultos: 5€ inclue a visita guiada + entrada o parque 
Nen@s:4€ (este prezo sería do obradoiro a visita e a entrada o centro sería de balde)


Por favor, si estades interesados en participar, rogamos os poñades en contacto con nos na miña dirección de correo: vazquezbarreiromaria@gmail.com ou no-lo comentades no colexio a calquera de nos, ata o día 28, plazo máximo para anotarse, xa que temos que avisar ao Parque do número exacto con tempo.

A continuación deíxovos o Enlace do Parque por se queredes máis información: www.paar.es

Calquera modificación ou actualización irase facendo sobre a mesma entrada.

¡¡Esperamos que vos animedes!!

1 comentario:

  1. Paréceme unha idea marabillosa xa que, como sempre, tentades relacionar o tema que estamos a traballar na clase coa vosa vida diaria, axudando a fomentar o interese dos nenos/as sobre o tema.

    Pero sobre todo porque é un xeito excepcional de fraternizar entre as familias e crear un maior vínculo afectivo entre os nenos/as e entre vós mesmos.

    Xa para rematar, eloxiar outra vez esta inicitiva porque a vosa colaboración e intusiasmos, axudanos e motivanos, como profes, a seguir traballando nesta liña e formularnos novas iniciativas.

    DESÉXOVOS A MELLOR TARDE DE DOMINGO POSIBLE!!!!!

    DISFRUTÁDEA.

    Un saúdo.

    A profe Lidia

    ResponderEliminar