jueves, 19 de septiembre de 2013

Festival Núbebes

Este fin de semana e o seguinte celébrase en Pontevedra o Festival Núbebes.

É un festival de Artes Escénicas para os bebés e as súas familias. Terán contacontos, concertos, espectáculos teatrais, talleres de danza... todo de forma específica para cada franxa de idade, haberá para bebés de 6 a 18 meses, de 18 a 36 meses, de 3 a 4 anos, etc... todas as actividades serán gratuítas pero o aforo é limitado, as entradas poderanse retirar no lugar do evento unha hora antes do comezo deste.

A inauguración terá lugar este sábado 21 ás 12:00 horas no Teatro Principal.

Déixovos o enlace con toda a programación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario