martes, 15 de enero de 2013

Excursión a Fundación Barrié

       Este xoves, día 17 de xaneiro, imos de excursión a Fundación Barríe a realizar o taller "Pintamos con cousas". O obxectivo desta actividade é introducir os nenos e nenas no mundo da pintura e da escultura e dar continuidade o pequeno proxecto de arte que estamos levando a cabo na aula.
                                     (Exemplo do que podemos levar a excursión, un boliño sen pelota )
       Para a actividade é fundamental que os nenos e nenas acudan ao taller cun obxecto ou cousa que xa non empreguen, calquera cousa que non usen, de calquera forma, tamaño ou material, o cal empregarán para realizar unha composición pictórica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario