viernes, 2 de noviembre de 2012

NOVA CIRCULAR INFORMATIVA


Estimadas familias:

Poñemos no voso coñecemento o funcionamento do blog do Equipo de Dinamización das Tecnoloxías da Información e Comunicación do colexio. Nel atoparedes información sobre as novas tecnoloxías, recursos educativos de todas as áreas ou materias, acceso a numerosos blogs e webs educativas, viaxes virtuais a museos de todo o mundo,...

A aplicación das novas tecnoloxías no proceso educativo convírtese nunha valiosa ferramenta didáctica na cal mestres, familias e alumnado debemos aproveitar as numerosas posibilidades que ofrecen.

Dende o equipo de TICS invitamos a toda a comunidade educativa do C.E.I.P. García Barbón a participar nesta fermosa aventura a través do noso blog: http://oblogdastics.blogspot.com.es/


3 comentarios:

  1. Paréceme una idea fantástica, un complemento máis na educación dos nosos fillos.

    ResponderEliminar
  2. Boa iniciativa pero corrixide a dirección web, a boa é esta: http://oblogdastics.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
  3. GRAZAS POLA CORRECIÓN, NON ME PERCATEI. PERDOADE.

    ResponderEliminar