Hola a todos,
O domingo 7 de outubro estivemos na actividade organizada polo Grupo de Anelamento ANDURIÑA para celebra-lo día mundial das aves 2012 en Punta Balea (Cangas). Durante esta xornada, recolléronse diversas especies para tomarlles medidas e anelalas, para despois ser ceivadas polos nenos.
Nas fotos podedes ver a Alicia cunha Curruca Capirotada, o seu pai cun Merlo, e máis un fermoso Martín Pescador azul.
Tamén deixamos para a clase o libro "O Espazo Natural de Punta Balea" co que o Grupo de Anelamento agasallou os nosos parrulos.
Un saúdo
¡Que actividade máis bonita para @s nen@s!Os meus parabéns polo blog.
ResponderEliminar