Ola a todos,
Recordámosvos que o vindeiro Domingo 6 de Outubro de 9:30 a 13:30 o "Grupo de Anelamento Anduriña" co gallo do Día das Aves, organizará unha xornada de anelamento para nen@s. Estivemos con Alicia o ano pasado e pasouno moi ben ceibando ás aves unha vez aneladas.
Non vo-lo perdades!!
https://www.facebook.com/grupoanelamentoandurinha
http://grupodeanelamentoandurinha.blogspot.com.es/p/notas.html
lunes, 23 de septiembre de 2013
jueves, 19 de septiembre de 2013
Festival Núbebes
Este fin de semana e o seguinte celébrase en Pontevedra o Festival Núbebes.
É un festival de Artes Escénicas para os bebés e as súas familias. Terán contacontos, concertos, espectáculos teatrais, talleres de danza... todo de forma específica para cada franxa de idade, haberá para bebés de 6 a 18 meses, de 18 a 36 meses, de 3 a 4 anos, etc... todas as actividades serán gratuítas pero o aforo é limitado, as entradas poderanse retirar no lugar do evento unha hora antes do comezo deste.
A inauguración terá lugar este sábado 21 ás 12:00 horas no Teatro Principal.
Déixovos o enlace con toda a programación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)