Excursión
ao
Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre
de
Campo Lameiro
Hola a Tod@s,
Os pais de Alicia, Xian, Saul e Jorge aproveitando o Proxecto da Prehistoria, estamos a preparar unha excursión ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro e queremos faceros partícipes a tod@s, por si vos apetece vir.
A excursión a realizaremos o día 6 de abril e o programa a seguir sería o seguinte:
- Chegada ao parque sobre as 11:15/11:30 para a recollida das entradas e xuntanza do grupo.
- As 12 comenzo da visita guiada, duración aproximada 1h 30 minutos.( hemos solicitado que na medida do posible,sexa unha visita didáctica para os nen@s)
- A continuación tempo libre para xantar. O recinto conta con dúas opcións: Cafeteria/restaurante ou si preferides merendeiros.
- Xa pola tarde sobre as catro os nenos realizarán un obradoiro de cerámica chamado "Do Tarro ao Barro".
Obxetivos que proporciona este itinerario:
- Coñecemos a natureza, os animais e as plantas da paisaxe galega.
- Aprendemos que son os petróglifos e cando se fixeron, durante a Prehistoria
- Coñecemos como vivían os homes e mulleres da Idade do Bronce, establecendo relacións entre eles e nós.
- Aprendemos a facer cousas por nós mesmos cos materiais que atopamos na contorna.
- Aprendemos a comunicarnos a través de actividades plásticas que desenvolvemos nos obradoiros
Os prezos son:
Adultos: 5€ inclue a visita guiada + entrada o parque
Nen@s:4€ (este prezo sería do obradoiro a visita e a entrada o centro sería de balde)
Por favor, si estades interesados en participar, rogamos os poñades en contacto con nos na miña dirección de correo: vazquezbarreiromaria@gmail.com ou no-lo comentades no colexio a calquera de nos, ata o día 28, plazo máximo para anotarse, xa que temos que avisar ao Parque do número exacto con tempo.
A continuación deíxovos o Enlace do Parque por se queredes máis información: www.paar.es
Calquera modificación ou actualización irase facendo sobre a mesma entrada.
¡¡Esperamos que vos animedes!!