jueves, 21 de marzo de 2013

Semana Santa

Na praza do Concello dará comezo a nova edición de Xogo Park o venres 22 de marzo e estará alí instalada ata o 7 de abril.
Consistirá nunha serie de talleres, cuentacuentos, baile, xogos en inglés, teatro, inchables, atraccións, música... e moito máis distribuídos en 2.000 metros cadrados. 
Para nenos entre 3 e 12 anos.  
O prezo de cada pase é de 1,5 € por actividade, habendo bonos de 5 € para 5 actividades.



jueves, 14 de marzo de 2013


APU EL INDIECITO

miércoles, 6 de marzo de 2013

Estimadas familias:

     Con motivo da excursión que realizaremos este xoves, día 7, pedímosvos que os nenos e nenas traian roupa cómoda. O máis apropiado é chandal e tenis.
     Para maior comodidade é mellor que non leven mochila. Xa nos encargamos as mestras da merenda.

Grazas.

As mestras.

domingo, 3 de marzo de 2013

Tinta natural

Ola familias:

    A semana pasada fixemos o terceiro experimento do trimestre "TINTA NATURAL". Para poder facela, nas vosas casas, deixámosvos a seguinte información


1. Clasificamos as verduras por cores.


 (para a tinta vermella verduras e froitas de cor vermella e para a tinta verde verduras e froitas de cor verde).

2. Trituramos as verduras na licuadora.






3. Engadimos alcohol.

4. Mesturamos todo.
5. E UNHA VEZ MESTURADA XA A PODEMOS EMPREGAR!




XIV Salón do Libro

Ola familias: 
     Este mes iníciase o XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2013 de Pontevedra. 

      Se tedes a oportunidade de poder ir non volo perdades xa que, durante todos os días, haberá actividades fantásticas (contacontos, talleres, presentacións de libros...). 

     A continuación deixámosvos o enlace co programa.