miércoles, 30 de enero de 2013

Entroido

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!.
Sen a vosa axuda non sería posible facer tanto disfrace.
PD.: Van estar fermosísimos.


lunes, 28 de enero de 2013

Reunión as 18:00


logo_sergasInfórmase aos pais e nais do CEIP García Barbón que hoxe ás 18:00 hai unha reunión no centro cos responsables de sanidade.
INFORMACIÓN PUBLICADA NA PÁXINA DA ANPA

Los iconos indios

Los Objetos Indios


Las praderas indias

Las Praderas Indias




domingo, 27 de enero de 2013

Taller de disfraces


Queridos pais e nais:

   Como xa sabedes temos próximas as datas do Entroido  e necesitamos da vosa colaboración para a elaboración dos disfraces.

      Polo ben que funcionou o ano pasado propoñémosvos crear un novo taller, na  aula dos nenos e nenas de 4 anos, a tarde do mércores, TRINTA de xaneiro, a partir das 17.00 horas.
Pd.: Grazas de anteman por axudarnos.


Nova excursión

      Este venres, 1 de febreiro, temos a primeira excursión ao Centro Cultural Novacaixagalicia. A obra de teatro que imos ver titúlase "Tristan cara de can" do grupo ELEFANTE ELEGANTE. 
      Non temos moita mais información pero seguro que vai estar fantástica como sempre.

Pd.: Esta semana enviarémosvos a Libreta viaxeira coa autorización para o teatro, o número de conta do material e o recordatorio para o taller de disfraces.







Sobre as meninxites


logo_sergasOs xefes territoriais de educación e sanidade estarán este luns 28 ás 9:00h no colexio para dar explicacións e resolver dúbidas sobre os posibles casos de meninxites detectados no noso colexio.
Mentres tanto para máis información ou ante calquera dúbida, podedes chamar aos seguintes teléfonos:
  • Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra: 986 885 872 (de 8:00 ás 15:00)
  • Atención Sanitaria da Consellería de Sanidade: 902 400 116 (as 24 horas do día, o 365 días do ano)
Tamén podedes consultar información sobre a enfermidade  na web do sergas.
INFORMACIÓN PUBLICADA NA PÁXINA DA ANPA.

jueves, 24 de enero de 2013

Camiña con nós pola igualdade


Ola familias:
      Coma tódolos anos, a semana que ven, imos participar no obradoiro "Camiña con nós pola Igualdade", patrocinado polo Concello de Vigo. 
      Dito taller esta dirixido ao alumnado de Educación Infantil e ten como finalidade fomentar unha cultura de igualdade de oportunidade entre nenos e nenas.
      Así mesmo, as mestras queremos aproveitar a ocasión para subir ao blog un vídeo, que pensamos, que pode ser fantástico para os nosos nenos e nenas.

     Tamén queremos presentarvos un fantástico enlace, para adultos, sobre a importancia á hora de elixir os regalos para nosos peques

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~21003104/zona_tic/actividades_tic/webquest_coeducacion/juegos_madres_padres_igualdad.pdf

Esperamos que vos resulte tan interesante como a nós.

lunes, 21 de enero de 2013

Proxecto "Os Indios"


      Despois de sondar os coñecementos previos sobre "Os Indios" e facer unha posta en común do que cada un sabíamos, falamos de como poderíamos obter máis información (PRIMEIROS PASIÑOS DO PROXECTO).

      O primeiro que se nos ocorreu foi preguntarlle os adultos. E dito e feito, fomos polas aulas de 5 anos, 1º, 5º e 6º de Primaria para obter a resposta correcta!!!. 






COMO SE CHAMAN AS CABANAS ONDE VIVEN OS INDIOS???

domingo, 20 de enero de 2013

VISITA A LAS TABLAS DE DAIMIEL



EXCURSION POR  LAS TABLAS DE  DAIMIEL


Estas Navidades,  Sofía ha ido a Ciudad Real  con su familia.
Y aprovechando ... nos hemos acrecado a las Tablas de Daimiel

¿QUE SERA, SERA? 
Es un Parque NAcional y  una Zona de especial protección para las aves a nivel Europeo (Zona ZEPA). 
Mirad como son:


Las Tablas de Daimiel se forman porque se juntan  dos ríos :
El Guadiana, de aguas dulces y 
el Gigüela de aguas saladas 
 Ambos aportan agua al parque y forman un HUMEDAL que está situado en la Cuenca Alta del Guadiana.
 Asi que Sofía cogió la brújula de su  papá  y se puso a investigar .
Esto es lo que  vio:


Tuvo que recorrer el parque y lo hizo por una ruta de pasarelas (puentes de madera sobre el agua)  que nos lleva a alguna de las 30 islas que hay. 








Pudo  ver mucha  vegetación y bosques con unos árboles que se llaman  taray,  muy tipicos en el parque.

Esta es la ISLA DEL PAN , y al fondo podeis ver los TARAY.



 



 La Isla tiene un observatorio de aves ( una caseta de madera con una ventana, desde la que puedes ver los pajaros que habitualmente encuentras en el parque). Hay que estar en silencio para no asustarlas.


Durante  el invierno las aves migratorias cesan en sus viajes, y utilizan las Tablas de Daimiel como lugar en el que se quedan hasta  la primavera, después regresan al norte. Por eso durante el invierno es posible observar  un sin fin de aves: Garzas Reales, Cigüeñas y Garcetas Comunes ( se alimentan de los cangrejos y peces).Hay muchos  patos: Porrón Común, el Pato Colorado…

 También hay aves rapaces como el Aguilucho Lagunero,  el Aguilucho Palido o el pequeño Esmerejón

LA ESPECIE MAS LLAMATIVA ES LA  GRULLA COMUN:
puede haber hasta  5.000 ejemplares y miden un metro diez de altura.Drante todo el día emiten un sonido que se llama Trompeteo” y  al final de la tarde o llegan en numerosos bandos.


También  se pueden ver  mamíferos: Jabalí  , el Zorro , los Conejos y Liebres

 
 La mejor época para visitar las Tablas............... de octubre a junio, cuando hay una más aves y más agua.
Aqui os dejo el enlace , por si algun día os animais

http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/daimiel/index.htm
http://www.lastablasdedaimiel.com/

 

Franz Marc


Ola familias:
      Presentámosvos ao novo pintor que imos traballar FRANZ MARC.
     O motivo polo cal eliximos a obra deste pintor é por ser coñecido como o "Pintor dos animais", tema estreitamente relacionado co proxecto que estamos a traballar neste momento "Os indios". 
     Entendemos que é moi difícil colaborar neste tema pero queremos informarvos para que poidades falar, cos vosos nenos e nenas, sobre o que están a traballar na aula.
     Esperemos que vos guste.

"Os indios"


Queridas familias:

      Como sabedes estamos inmersos nun novo proxecto, "OS INDIOS", e a verdade que ilusión e ganas non nos faltan.


    A semana pasada recibimos as primeiras achegas e este fin de semana, as mestras, conseguimos canas e tea para construír entre todos un Tipi. Pero, aínda así, continuamos necesitando a vosa axuda xa que canta máis colaboración recibamos moito mais intenso será o proxecto.


Moitas grazas

jueves, 17 de enero de 2013

Os indios Sioux na película de Peter Pan. Espero que vos guste!

martes, 15 de enero de 2013

Reunión xeral

      Xa está en marcha un novo trimestre, e as mestras queremos convocarvos a unha reunión xeral que consideramos importante. Nela trataremos a marcha do novo proxecto, o Entroido, ... e poderedes ter a ocasión de plantexar calquera dúbida ou consulta.
      A reunión terá lugar o martes, día 22 de xaneiro, ás 6.00 da tarde, na aula dos vosos fillos e fillas.
      Encantaríanos contar con todos, ata entón, un saúdo.

Excursión a Fundación Barrié

       Este xoves, día 17 de xaneiro, imos de excursión a Fundación Barríe a realizar o taller "Pintamos con cousas". O obxectivo desta actividade é introducir os nenos e nenas no mundo da pintura e da escultura e dar continuidade o pequeno proxecto de arte que estamos levando a cabo na aula.
                                     (Exemplo do que podemos levar a excursión, un boliño sen pelota )
       Para a actividade é fundamental que os nenos e nenas acudan ao taller cun obxecto ou cousa que xa non empreguen, calquera cousa que non usen, de calquera forma, tamaño ou material, o cal empregarán para realizar unha composición pictórica.


O domingo pasado Xián e Alicia estiveron no TALLER PARA FAMILIAS  "Mini - pinturas Expandidas" da Exposición da artista  Jessica Stockholder na Fundación Barrié. Aínda que esta semana van coa escola a Fundación, no taller de familias se fai unha actividade diferente. Eles o pasaron moi ben e os seus pais e nais tamén.

Deixamos o enlace da web:






lunes, 14 de enero de 2013

Que facer en Vigo


Encontramos unha páxina moi interesante que esta dedicada a dar información sobre todos os eventos e actividades que se organizan en Vigo e arredores, especialmente dedicada aos nenos.
Déixovos o enlace da páxina por se vos apetece botarlle unha ollada.




Tamén se vos interesa podédela seguir por facebook

domingo, 13 de enero de 2013

Fin dun trimestre

Ola familias:
      Estes días comezamos un novo proxecto "OS INDIOS" e con el queremos poñer fin ao primeiro trimestre. 
      E que mellor forma que con estas estupendas fotos con Papá Noel que sacounos a mamá de Saúl.
      Tamén vos queremos dar as grazas pola vosa estupenda colaboración, polas vosas manualidades, fotos, libros...
                                                      MOITAS GRAZAS POR AXUDARNOS!!!

miércoles, 9 de enero de 2013


Ola familias:
      Estes días iniciamos un novo trimestre, un novo proxecto e por suposto unha nova aventura. E que mellor forma de comezar que ter unha EXCURSIÓN!!!.
      O xoves 17 imos asistir a unha actividade didáctica promovida pola Fundación Barrié "Pintamos con cousas" de Jessica Stockholder.












      O máis importante é que necesitamos que cada alumno ou alumna acudan ao taller cun obxecto ou cousa que non usen, de calquera forma, tamaño ou material.
PD.: Na próxima reunión xeral darémosvos máis información. 




martes, 8 de enero de 2013

O peizoque Roque

Hoxe recibimos de agasallo de Reis Magos un novo libro titulado "O peizoque Roque". 
Mamá peizoque aniñou e naceron cinco pequerrechos que entre fermosos versos nos amosan o arrecendo das palabras. Mamá peizoque trata de adormecelos pero o pequeno Roque quere aprender infinidade de palabras.

Encantounos o libro porque aprendemos moitas palabras, longas, curtas, brillantes...